| CANTO A CAUREL | ||
|
¡Quén tivera moito tempo para andar polos sindeiros: marchar pola Ferrería a Rogueira e Formigueiros!.
Ollando árbores e frores: os teixos e carnabudos, os soutos cheos de misterio con castiñeiros con nudos.
Prados con moita herba verde, onde foza o xabarín, onde pacen rubias vacas e lava o porco o fucín.
Eiquí están as montañas cubertas de vexetación, os vales cheos de vida i as augas ca sua canción!.
Eiquí vive a xente en paz, disfrutando da soidade, desde o bico dunha pena, o lobo na escuridade.
Para coñecer Caurel sólo tés unha maneira: inmersionarse na terra e leer a Novoneira.
¡Cómo goza a miña alma, o Caurel é terra de ouro, pro nativo é pro turista é un verdadeiro tesouro! |
![]() |
![]() |