Das Eiserne Kreuz - Heiner Müller
Das Eiserne Kreuz / A Cruz de Ferro
(Erzählung von Heiner Müller)
En abril de 1945 decidiu en Stargard, en Mecklenburgo, un negociante de papel, a súa muller, á súa filla de catorce anos e a sí mesmo pegarse un tiro.
Oira a través de clientes da voda e do suicidio de Hitler.
Na Primeira Guerra Mundial oficial da reserva, posuía aínda un revólver e tamén a munición de dez disparos.
Cando a súa muller chegou coa cea desde a cociña, estaba na mesa e limpaba a arma.
Levaba a Cruz de Ferro na chaqueta como de costume os días festivos.
O Führer elexíu o suicidio, explicou a súa pregunta, e el foille fiel.
Se ela, a súa esposa, estaría disposta a seguilo tamén nese punto.
Sobre a súa filla non dubida que ela prefire unha morte honrosa a mans do seu pai a unha deshonrosa vida.
Chámaa.
Ela non o decepcionou.
Sen esperar a resposta da señora, pedíu a ambas as dúas, que se vestiran os seus abrigos, entón el, para evitar o escándalo, levaráas a un lugar adecuado fora da cidade.
Elas obedeceron.
Cargou despois o revólver, deixouse axudar pola súa filla co abrigo, pechou con chave a vivenda e tirou a chave pola fenda do buzón.
Chovía, cando ían polas escuras estradas da cidade, o home por diante, sen ollar cara atrás ás mulleres que o seguían a distancia.
El ouvía os seus pasos sobre o asfalto.
Despois de abandonar a estrada e xirara [n]o camiño para peóns da fraga de faias, deuse a volta sobre os ombreiros para atrás e meteu[lles] presa.
Co máis forte vento nocturno que se levantaba sobre a chaira sen árbores, no chan mollado pola chuvia, non facían os seus pasos ningún ruido.
Gritoulles que debían adiantar.
Seguíndoas, non sabía: [se] tiña medo [de que] lle chegaran a fuxir ou desexaba botar a correr el mesmo.
Non tardou moito tempo e elas adiantaron moito.
Cando el non as podía ver xa, tivo claro, que tiña demasiado medo para botar a correr sinxelamente e moito desexaba que elas o fixesen.
Ficou e fixo augas.
Levaba o revólver no peto do pantalón e sentíao frío a través da delgada tea.
Cando el ía máis rápido para alcanzar as mulleres, a arma golpeaba a cada paso na súa perna.
Camiñou máis a modo.
Pero cando el meteu a man no peto para tirar o revólver, viu a súa muller e a filla.
Estaban de pé no medio do camiño e esperaban por el.
Quixea facelo na fraga, pero o perigo, [de] que se escoitasen os disparos, non era aquí maior.
Cando colleu o revólver na man e quitou o seguro, colgouselle a muller do pescozo, saloucando.
Era moi pesada e tivo traballo para sacudila.
Dirixiuse a filla que o contemplaba inmóbil, púxolle o revólver na tempa e apertou o gatillo cos ollos pechados.
Esperara que non saíse o disparo, pero oiuno e viu como a rapaza abalaba e caía.
A muller tremía e gritaba.
Tivo que suxeitala.
Só despois do terceiro dispara ficou queda.
Estaba so.
Alí non había ninguén que lle ordenase poñer a boca do revólver na propia sen.
As mortas non o vían, ninguén o vía.
Meteu o revólver e inclinouse sobre a súa filla.
Despois comezou a correr.
Regresou correndo polo camiño ata a estrada e aínda un anaco seguindo a estrada pero non para a cidade senon cara o oeste.
Despois instalouse no bordo da estrada, apoiadas as costas nunha árbore e reflexionou sobre a súa situación, respirando con dificultade.
Encontrou ela non era sen esperanza.
Tiña que continuar, sempre cara o oeste e evitar as próximas poboacións.
Nalgunha parte podía entón desaparecer, nunha grande cidade mellor, baixo nome estranxeiro, un descoñecido fuxitivo, normal e corrente e traballador.
Tirou o revólver na cuneta e púxose de pé.
En marcha veulle á memoria que esquecera tirar a Cruz de Ferro.
Fíxoo.

oben