|
SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL SECCIÓN DE ENTOMOLOXÍA |
|||
| ENTOMOFAUNA | |||
| Colias crocea (Geoffroy, 1785) | |||
|
É unha das bolboretas máis
comúns de Galicia.
A presencia de imagos é
practicamente ininterrompida durante todo o ano. Os hábitats axeitados son os abertos, polo que é doada de ver polos camiños e prados, onde as eirugas alimentan se de Trifolium pratense e T. repens. (ver mais) |
|||
| Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory, 1839 | |||
|
Trátase dun coleoptero endémico do noroeste penínsular. A distribución coñecida limita polo Sur en Coimbra (Portugal) e polo Este ata Arbón (Asturias). Está asociado indefectiblemente a cursos de augas limpas. (ver mais) | ||
| Calopteryx virgo (L., 1758) | |||
![]() |
As especies pertencentes ó xénero Calopteryx caracterizase por ter ás pigmentadas e abdomes de coloración metálica, as ás ovaladas e sen pedúnculo presentan unha venación alar moi fina e con numerosas celiñas. Neste xénero están incluídas as especies de zigópteros de maior tamaño en Europa.(ver mais) |
||
| Pyrrhosoma nymphula (Sulzer, 1776) | |||
![]() |
Esta especie é de fácil recoñecemento pola cor vermella con trazos negros do abdome, diferenciándose de especies similares coma Platycnemis acutipennis e Ceriagrion tenellum, por ser de aspecto máis robusto e ter as patas de cor negro. (ver mais) | ||
| Melanargia lachesis (Hubner, 1790) | |||
![]() |
Esta bolboreta pertence á familia Satyridae. En Galicia atopamos catro especies deste xénero: Melanargia galathea, M. russiae, M. occitanica e M. lachesis, sendo esta última a máis común e espallada. Ata hai non moitos anos M. lachesis estaba considerada como unha subespecie de M. galathea.(ver mais) | ||
| Pararge aegeria (Linnaeus, 1758) | |||
| Esta bolboreta da familia Satyridae é unha das máis comúns que podemos atopar no noroeste penínsular. Presenta requerimentos ecolóxicos ben definidos, como zonas umbrías pero que deixen pasar raios de sol, polo que abonda nas carballeiras, bosques caducifolios en xeral e hortas sombreadas. (ver mais) | |||
| Mantis religiosa Linnaeus, 1758 | |||
|
Aínda que é un formidable depredador e posue mala prensa, é inocua para ó home, carecendo de calquera tipo de aparato inoculador. Soe cazar ó asexo, inmobilizado e camuflado. Os hábitats axeitados son os de matogueira e prefire as zonas secas e cálidas. (ver mais) |
|||
| Coenagrion mercuriale (Charpentier, 1840) | |||
![]() |
Aínda que non temos moitos datos desta especie parece ser frecuente en Galicia, así temos rexistrada a sua presencia nas catro provincias. A nivel europeo está en regresión en moitos paises e xa desapareceu dalgúns. (ver mais) | ||
|
[PORTADA]
[NOVAS] [ESENGA]
[GALERÌAS]
[ANUARIO] |