SGHN_ESENGA

PAXINA PRINCIPAL

 

 
PROGRAMA  ESENGA

LIMIAR

Dentro do traballo de investigación de base que desenvolve a SGHN, na liña do Atlas de Vertebrados de Galicia e dos Censos de Aves Invernantes, encetouse o cobizoso proxecto de cartografa-la entomofauna galega.

Este proxecto ten como obxectivo último o coñecemento da biodiversidade entomolóxica galega, tanto na biodiversidade alfa (riqueza en especies) e a biodiversidade gamma (hetereoxenidade xeográfica).

O programa ESENGA naceu en 1984, como primeiro obxectivo da entón recén creada Sección de Entomoloxía. Dentro do contexto da cativa investigación de base que se estaba a realizar en Galicia sobre este campo, considerouse prioritario coñecer que especies estaban presentes e cal era a súa distribución xeográfica.

Inicialmente encetouse a traballar sobre uns grupos moi concretos: Familias Nymphalidae e Pieridae (Lepidoptera), Lucanidae (Coleoptera) e a subfamilia Carabinae (Coleoptera), e posteriormente engadiuse a orden Odonata. Estes grupos posúen xunguen a peculiaridade de, dentro do que é a taxonomía entomolóxica, ser accesible unha determinación doada e estar considerados bioindicadores da saúde de varios biotopos.

Aínda cando o proxecto pódese considerar moi cobizoso, a necesidade de, polo menos, intuír o que se tiña nesta área xeográfica era e é aburante. Incendios forestais, minicentrais hidroeléctricas que decotan o fluxo de especies nos ríos, destrucción da vexetación do país e un longo etcétera, son unha parte dos problemas que inciden directamente sobre a entomofauna, e desenvólvense sen ter datos de como afectan ós insectos e invertebrados en xeral, máxime cando descoñecemos que abrangue a entomofauna galega.

 

ANTECEDENTES 

Os primeiros traballos organizados encamiñados a un cartografado entomolóxico partiron da iniciativa de John Heath e Jean Leclerq, que aportaron as directrices básicas para a recollida de información, o seu manexo e publicación.

En diversos paises de Europa publícanse non só atlas, senón tamén revisións dos mesmos, o que implica unha labor inxente e de alto nivel científico e inconmensurable participación de moitas persoas nun só sentido. Destaca neste eido as Illas Británicas e Bélxica e o proxecto Millenium Atlas onde dez mil voluntarios recolleron máis de millón e medio de rexistros (Munguira in Shilap 30(118)). Diversos paises van publicando os seus atlas, sendo un dos últimos o Atlas de Rhopalocera de Bulgaria de Abadjiev.

Dentro da fauna peninsular encetáronse estes traballos coa publicación do Atlas Provisional Lepidopteros del Norte de España (1977) por Gómez de Aizpúrua e o Atlas Provisional Lepidopteros de Madrid (1987), do mesmo autor, seguidos doutros traballos posteriores.

Con estes antecedentes e sendo Galiza o límite occidental de moitas especies pola súa condición de finisterrae, xustifícase sobradamente a necesidade de contribuír á concreción deste proxecto.

OBXECTIVOS

a) Cartografar e publicar toda a entomofauna galega en cuadrículas UTM de 10 x 10 Km.

O traballo inicial céntrase nas Familias Nymphalidae e Pieridae (Lepidoptera), Lucanidae (Coleoptera), subfamilia Carabinae (Coleoptera), e a orden Odonata.

Paralelamente á recollida de dados dos grupos citados, tómanse tódolos dados posibles de outros grupos para crear un banco de datos sobre entomofauna en xeral que sirva de base a posteriores traballos ou estudios.

b) Determinar a fenoloxía e requisitos ecolóxicos dás especies tratadas.

c) Como resultado da información recollida, potenciar os estudios de biodiversidade entomolóxica.

d) Crear unha biblioteca especializada, aberta a consultas, sobre traballos e estudios de entomofauna galega.

RECOLLIDA E VALIDACIÓN DE DATOS

 Levar a cabo este obxectivo esixe unha metodoloxía clara. A información recóllese nun modelo de ficha normalizado, que contempla 26 campos de información, aínda que os datos mínimos son os que identifican a especie, data, lugar e recolector (10 campos).

Para facilita-lo traballo de campo, en prospeccións intensas nunha mesma área, cóntase cunha segunda ficha, que permite a recollida e arquivo de grande número de datos cun mínimo esforzo de gabinete.

Aparte dos rexistros de localización toponímicos, o sistema de localización dás especies tratadas está baseado na proxección U.T.M. (Transator). Este sistema, aparte dás cualidades prácticas no seu manexo, é o adoptado polo Comité de Cartografiado dos Invertebrados Europeos, o que permite a comparación da información. O tamaño elixido dás cuadrículas para publica-los datos é de 10x10 Km, pero a toma destes recoméndase que sexa en cuadrículas de 1x1 Km.

         Os datos fornecidos pasan por unha primeira peneira, baseada en dous criterios de aceptación:

a) Os datos subministrados cumpren os mínimos requiridos.

b) Non menos importantes son as garantías dunha correcta determinación. Existe un experto de grupo que cando se procede á unha publicación, contrasta os datos que lle poidan presentar dúbidas razoables da súa identificación

CRITERIOS ÉTICOS PARA A RECOLECCIÓN DE ESPECIES 

A SGHN considera que a investigación ten que ir parella da divulgación e protección. Dentro desta liña é necesario recorrir á captura e/ou sacrificio de exemplares para a súa determinación ou recollida de datos sobre biometría, etc.

O principal problema de conservación dos invertebrados, non é tanto a captura de individuos para estudios como a degradación medioambiental do seu medio, que afecta negativa e radicalmente á biota.

Nembargantes, propugnamos que a captura de exemplares vivos sen liberación posterior, débese limitarse ós exemplares imprescindibles, e dentro desta tónica evitar a sobrecaptura de exemplares da mesma especie en períodos moi curtos de tempo no mesmo lugar ou cando puideran haber indicios sobre a sustentabilidade da poboación.

Os criterios débense axustar a cada especie e lugar concreto, tendo en conta se pertencen a especies catalogadas en convenios de conservación.

 

LISTADO DE TAXAS A EMPREGAR

Para facilita-la identificación dás especies, relacionamos as taxas a empregar. O autor corresponde ó taxon da subespecie nominal, no caso de haber varias.

(Vives Moreno, A. in Catalogo Sistemático y Sinonímico de los Lepidópteros de la P. Ibérica)

Fam. Hesperiidae

HESPERIINAE

Thymelicus sylvestris (Poda, 1761)

Thymelicus lineola (Ochsenheimer, 1808)

Thymelicus acteon (Rottemburg, 1775)

Hesperia comma (L., 1758)

Ochlodes venata (bremer & Grey, 1853)

PYRGYNAE

Erynnis tages (L., 1758)

Carcharodus alceae (Esper, 1780)

Carcharodus baeticus (Rambur, 1840)

Carcharodus flocciferus Zeller, 1847

Spialia sertorius (Hoffmannsegg, 1804)

Pyrgus malvae (l., 1758)

Pyrgus armoricanus (Oberthür, 1910)

Pyrgus alveus (Hübner, 1803)

Pyrgus serratulae (Rambur, 1840)

Pyrgus cirsii (Rambur, 1840)

Pyrgus onopordi (rambur, 1840)

Pyrgus fritillarius (Poda, 1761)

LISTADO

Fam. Papilionidae

PAPILIONINAE

Papilio machaon (L., 1758)

Iphiclides podalirius (L., 1758)

PARNASSIINAE

Parnassius apollo (L., 1758)

Zerynthia rumina (L., 1758) 

LISTADO

Fam. Pieridae

DISMORPHIINAE

Leptidea sinapis (L., 1758)

COLIADINAE

Colias alfacariensis Ribbe, 1905 - Colias australis sinonimia no válida-

Colias crocea (Geoffroy, 1785)

Gonepteryx rhmani (L., 1758)

Gonepteryx cleopatra (L., 1767)

ANTHOCHARINAE

Euchloe ausonia (Hübner, 1803)

Euchloe belemia (Esper, 1800)

Anthocharis cardamines (l., 1758)

Anthocharis belia (L., 1767)

PIERINAE

Aporia crataegi (L., 1758)

Pieris brassicae (L., 1758)

Pieris rapae (L., 1758)

Pieris mannii (Mayer, 1851)

Pieris napi (Linnaeus, 1758)

Pontia daplidice (Linnaeus, 1758)

LISTADO

 

Fam. Nymphalidae

NYMPHALINAE

Nymphalis antiopa (Linnaeus, 1758)

Nymphalis polychloros (Linnaeus, 1758)

Inachis io Linnaeus, 1758

Vanessa atalanta (Linnaeus, 1758)

Vanessa vulcania Godart, 1819

Vanessa virginiensis (Drury, 1773)

Vanessa cardui (Linnaeus, 1758)

Aglais urticae (Linnaeus, 1758)

Polygonia c-album (Linnaeus, 1758)

ARGYNNINAE

Argynnis paphia (Linnaeus, 1758)

Pandoriana pandora (Denis & Schiffermüller, 1775)

Mesoacidalia aglaja (Linnaeus, 1758)

Fabriciana niobe (Linnaeus, 1758)

Fabriciana adippe (L., 1767)

Issoria lathonia (Linnaeus, 1758)

Brenthis ino (Rottemburg, 1775)

Brenthis daphne (Denis & Schiffermüller, 1775)

Boloria selene (Denis & Schiffermüller, 1775)

Boloria euphrosyne (Linnaeus, 1758)

Boloria dia (L., 1767)

MELITAENINAE

Melitaea cinxia (Linnaeus, 1758)

Melitaea phoebe (Denis & Schiffermüller, 1775)

Melitaea didyma (Esper, 1779)

Melitaea trivia (Denis & Schiffermüller, 1775)

Melitaea diamina (Lang, 1789)

Melitaea athalia (Rottemburg, 1775)

Melitaea deione Duponchel, 1832

Melitaea parthenoides Keferstein, 1851

Euphydrias aurinia (Rottemburg, 1775)

CHARAXINAE

Charaxes jasius (L., 1767)

APATURINAE

Apatura iris (Linnaeus, 1758)

Apatura ilia (Denis & Schiffermüller, 1775) 

LIMENITINAE

Limenitis camilla (L., 1764)

Azuritis reducta (Staudinger, 1901)

ATYRINAE

Pararge aegeria, (Linnaeus, 1758)

Lasiommata megera (L., 1767)

Lasiommata maera (Linnaeus, 1758)

Coenonympha pamphilus (Linnaeus, 1758)

Coenonympha dorus (Esper, 1782)

Coenonympha arcania (L., 1761)

Coenonympha glycerion (Borkhausen, 1788)

Erebia ephipron (Knoch, 1783)

Erebia triaria (Prunner, 1798)

Erebia gorge (Esper, 1805)

Erebia palarica Chapman, 1903

Erebia meolans (Prunner, 1798)

Maniola jurtina (Linnaeus, 1758)

Hyponephele lycaon (Kühn, 1774)

Aphantopus hyperantus (Linnaeus, 1758)

Pyronia tithonus (L., 1771)

Pyronia bathseba (Fabricius, 1793)

Pyronia cecilia (Vallantin, 1894)

Melanargia galathea (Linnaeus, 1758)

Melanargia lachesis (Hübner, 1790)

Melanargia russiae (Esper, 1783)

Melanargia occitanica (Esper, 1793)

Hipparchia alcyone (Denis & Schiffermüller, 1775)

Hipparchia semele (Linnaeus, 1758)

Hipparchia statilinus (Hufnagel, 1766)

Hipparchia fidia (L., 1767)

Satyrus actea (Esper, 1780)

Brintesia circe (Fabricius, 1775)

Arethusana arethusa (Denis & Schiffermüller, 1775)

DANAINAE

Danaus plexippus (Linnaeus, 1758)

LIBYTHEINAE

Libythea celtis (Laicharting, 1782) 

LISTADO

Fam. Lycaenidae

THECLINAE

Thecla betulae (Linnaeus, 1758)

Thecla quercus (Linnaeus, 1758)

Laesopis roboris (Esper, 1793)

Tomares ballus (Fabricius, 1787)

Satyrium spini (Denis & Schiffermüller, 1775)

Satyrium ilicis (Esper, 1779)

Satyrium esculi (Hübner, 1806)

Callophrys rubi (Linnaeus, 1758)

Callophrys avis (Chapman, 1909)

LYCAENINAE

Lycaena phlaeas (L., 1761)

Lycaena virgaureae (Linnaeus, 1758)

Lycaena tityrus (Poda, 1761)

Lycaena alciphron (Rottemburg, 1775)

Lycaena hippothoe (L., 1761)

POLYOMMATINAE

Lampides boeticus (L., 1767)

Leptotes pirithous (L., 1767)

Cupido minimus (Fuessly, 1775)

Cupido osiris (Meigen, 1829)

Everes argiades (Pallas, 1771)

Celastrina argiolus (L., 1758)

Glaucopsyche alexis (Poda, 1761)

Glaucopsyche melanops (Boisduval, 1828)

Maculinea alcon (Denis & Schiffermüller, 1775)

Maculinea arion (L., 1758)

Pseudophilotes baton (Bergsträsser, 1779)

Plebejus argus (L., 1758)

Lycaeides idas (L., 1761)

Aricia cramera Eschscholtz, 1821

Aricia morronensis Tibbe, 1910

Cyaniris semiargus (Rottemburg, 1775)

Polyommatus dorylas (Denis & Schiffermüller, 1775)

Polyommatus amandus (Schneider, 1792)

Polyommatus coridon (Poda, 1761)

Polyommatus bellargus (Rottemburg, 1775)

Polyommatus icarus (Rottemburg, 1775)

RIODININAE

Hamearis lucina (L., 1758)

LISTADO

 

Fam. Lucanidae

(Tomado de Martín-Piera, F & López Colón, J-I in Fauna Ibérica, Tomo XIV)

Lucaninae

Platycerus caprea (DeGeer, 1774)

Platycerus caraboides (Linnaeus, 1758)

Platycerus spinifer Schaufuss, 1862

Dorcus parallelipipedus (Linnaeus, 1758)

Lucanus cervus (Linnaeus, 1758)

Pseudolucanus barbarossa (Fabricius, 1801)

Aesalinae

Aesalus scarabaeoides (Panzer, 1794)

Syndesinae

Ceruchus chrysomelinus (Hochenwarth, 1785)

Sinodendron cylindricum (Linnaeus, 1758) 

LISTADO

Fam. Carabidae

 (Segundo J. Forel & J. Leplat in Faune des carabus de la Péninsule ibérique)

Carabini

Carabus (Carabus) deyrollei Gory, 1839

Carabus (Archicarabus) steuarti Deyrolle, 1852

Carabus (Archicarabus) nemoralis Müller, 1764 (spp pascuorum Lapouge, 1908)

*Carabus (Autocarabus) cancellatus Illiger, 1798

Carabus (Oreocarabus) amplipennis Lapouge, 1924

Carabus (Mesocarabus) lusitanicus Fabricius 1801 (spp cantabricus, spp  liebi, spp breuningi)

Carabus (Ctenocarabus) galicianus Gory, 1839

Carabus (Ctenocarabus) melancholicus Fabricius, 1798

Carabus (Megodontus) violaceus Linneus, 1758 (purpurancens)

Carabus (Chrysocarabus) lineatus Dejean, 1826 (lateralis)

Carabus (Macrotorax) rugosus Fabricius 1792

LISTADO

 

(Tomado de D=aguilar, J & Dommanget, J-L in Guía de la Libélulas de Europa y Norte de África, con modificacións)

Fam. Calopterygidae

Calopteryx haemorrhoidalis (Capra, 1945)

Calopteryx virgo (L., 1758)

Calopteryx splendens (Harr., 1782) ssp. xanthostoma (Charp., 1825)      ( = C. xanthostoma (Charp., 1825)

LISTADO

Fam. Lestidae

Sympecma fusca (V. d. Lind., 1820)

Lestes barbarus (Fabr., 1798)

Lestes dryas Kirby, 1890

Lestes virens (Charp., 1825)

Lestes viridis (V. d. Lind, 1825)  

LISTADO

Fam. Platycnemididae

Platycnemis acutipennis Sel. 1841

Platycnemis latipes Rambur 1842  

LISTADO

Fam. Coenagrionidae

Ceriagrion tenellum (Villiers, 1789)

Coenagrion lindeni (Selys, 1840) ( = Cercion lindeni (Selys, 1840) )

Coenagrion mercuriale (Charp., 1840)

Coenagrion scitulum (Rambur, 1842)

Coenagrion puella (L., 1758)

Enallagma cyathigerum (Charp, 1840)

Erythromma viridulum (Charp, 1840)

Pyrrhosoma nymphula (Sulzer ,1776)

Ischnura elegans (V. d. Lind., 1820)

Ischnura graellsii (Rambur, 1842)

Ischnura pumilio (Charp., 1825)  

LISTADO

Fam. Aeschnidae

Aeschna juncea L., 1758

Aeschna cyanea (Müller, 1764)

Aeschna myxta (Latr., 1805)

Aeschna affinis (V. d. Lind., 1820)

Anax imperator Leach, 1815

Boyeria irene (Fonsc., 1838)

Brachytron hafniense (Müller, 1764) ( = Brachytron pratense (Müller, 1764) )

Hermianax ephippiger (Burm., 1839) 

LISTADO

Fam. Gomphidae

Gomphus simillimus Selys, 1840

Gomphus pulchellus Selys, 1840

Gomphus graslini Rambur, 1842

Onychogomphus forcipatus L., 1758

Onychogomphus uncatus (Charp., 1840)  

LISTADO

Fam. Cordulegasteridae  

Cordulegaster boltonii ( Donovan, 1807) 

LISTADO

Fam. Corduliidae

Macromia splendens (Pictet, 1843)

Oxygastra curtisi (Dale, 1834)

LISTADO

 

Fam. Libellulidae  

Libellula depressa L., 1758

Libellula quadrimaculata L., 1758

Orthetrum brunneum (Fonsc., 1837)

Orthetrum caerulescens (Fabr., 1798)

Orthetrum cancellatum (L., 1758)

Crocothemis erythraea (Brullé, 1832)

Sympetrum fonscolombei (Selys, 1841)

Sympetrum meridionale (Selys, 1841)

Sympetrum sanguineum (Müller, 1764)

Sympetrum striolatum (Charp., 1840)

Sympetrum vulgatum (L., 1758)

LISTADO

 

[PORTADA] [NOVAS] [ESENGA] [GALERÌAS] [ANUARIO]
[ENTOMOFAUNA] [
LIGAZONS]