Calopteryx virgo

 

Calopteryx virgo (L., 1758).

As especies pertencentes ó xénero Calopteryx caracterizase por ter ás pigmentadas e abdomes de coloración metálica, as ás ovaladas e sen pedúnculo presentan unha venación alar moi fina e con numerosas celiñas. Neste xénero están incluídas as especies de zigópteros de maior tamaño en Europa.

C. virgo (L., 1758) é unha dás tres especies do xénero Calopteryx presentes en Galicia, os machos destas son doadamente diferenciables pola coloración dás súas ás. No caso de C. haemorrhoidalis (Capra, 1945) as ás son de cor castaño escuro, en C. xanthostoma (Charp., 1825) son de cor marrón con reflexos azuis, pero só na metade (dende o nodo ata o ápice).En C. virgo o macho ten ás marróns con reflexos azuis en case toda a extensión alar (cunha porción basal clara no caso de C. virgo meridionalis), o abdome é azul metálico cos tres últimos segmentos tinguidos ventralmente de rosa claro. A femia ten as ás de cor afumadada con pterostigma relativamente alonxado do ápice da á, o abdome é verde brillante.

As larvas deste xénero diferéncianse doadamente dás do resto dos zigópteros por as súas antenas nas que o primeiro artello é polo menos tan longo como os outros seis xuntos e por as laminas caudais que son longas e pouco ensanchadas. O que non é tan doado é distingir entre as tres especies do xénero, sendo sobor de todo as larvas xóvenes practicamente indistinguibles.

HABITAT

Prefire os ríos é regatos de augas rápidas, augas claras e ben osixenadas. As veces atopase xunto coas outras dúas especies do xénero, sobor de todo con C.xanthostoma. Pódense atopar exemplares inmaturos relativamente afastados dás correntes de auga, así temos observado exemplares en camiños, prados, e mesmo en lagoas. E relativamente abondosa en medios favorables.

COSTUMES

O período de voo rexistrado vai dende mediados de maio (17-V-93) ata finais de agosto. As larvas son activas durante a noite, o seu ciclo é de dous anos. Os machos tras un período de maduración de uns nove días fanse territoriais, pousados en talos e ramas defenden o seu territorio fronte a outros machos e capturan en voo pequenos insectos. Despois dunha corta copula a femia fai a posta en solitario dentro do territorio do macho o cal mantén unha vixiancia a distancia. Para a posta a femia pousase sobre plantas acuáticas introducindo o abdome baixo a auga e deposita os ovos en perforacións que fai có ovopositor na superficie do vexetal.

DISTRIBUCIÓN

A súa distribución vai dende o sur de Francia ata o norte de África, incluíndo Italia e a Península Ibérica. Esta é a especie máis abundante do xénero en Galicia, temos rexistrada a súa presencia nas catro provincias.

Carlos Rey Rañó

 

[PORTADA] [NOVAS] [ESENGA] [GALERÌAS] [ANUARIO]
[ENTOMOFAUNA] [LIGAZONS]