![]() |
|
||
| Coenagrion mercuriale (Charpentier, 1840) | |||
|
|||
|
Hai
en Galicia varias especies de cabaliños do demo do xenero Coenagrion.
Os machos destas especies teñen o abdome de cor azul con manchas dorsais
negras, a distribución da cor negra nos segmentos abdominais e
principalmente o debuxo que forma no segundo segmento serven para
identificalas distintas especies. Nas femias o abdome pode ser amarelento,
verde ou azul sendo as manchas dorsais negras moito mais estendidas o que
as fai menos vistosas. HÁBITAT Atopamos
esta especie en pequenos cursos de auga ben soleados e con abondosa
vexetación (regatos e canles de rego), dende o nivel do mar ata os 665m.
Nestes biotopos desenvólvense as larvas e na súa proximidade permanecen
os adultos. Non se atopa en correntes moi rapidas ou caudalosas. COSTUMES Segundo
os nosos datos a época de vo vai dende a segunda quincena de marzo (Vilagarcía
21-III-92, Vilagarcía 24-III-94) ata
finais de agosto (Vilagarcía 28-VIII-93, Muxía 24-VIII-03). Temos
observado un tándem en copula durante 26 min. e 20 seg.. Nunha ocasión
contemplamos a captura dun exemplar por parte de Orthetrum coerulescens
(Fabr., 1798) libeliña que tamén podemos atopar nos regatos. DISTRIBUCIÓN Aínda
que non temos moitos datos desta especie parece ser frecuente en Galicia,
así temos rexistrada a sua presencia nas catro provincias. A nivel
europeo está en regresión en moitos paises e xa desapareceu dalgúns, aínda
ten importantes efectivos en Italia,
no sul-suloeste de Francia e en España onde están as poboacións mais
numerosas. Existen citas de Marrocos,
Arxelia e Túnez. CONSERVACIÓN Esta
especie aparece en: ·
Convenio de Berna: Anexo II ·
Directiva Hábitat: Anexo II ·
Comité Europeo para a protección dá natureza e
dos recursos naturais do Consello de Europa (1988): ‘especie en perigo’. No
“Catálogo Nacional de Especies Amenazadas” considerase dentro
da categoría de ameaza como: “De interés especial”.
Carlos
Rey Rañó |
|||
|
[PORTADA]
[NOVAS] [ESENGA]
[GALERÌAS]
[ANUARIO] |