BIBLIO

 Principal En Galego En Español

 En Galego
 Pantallas de exemplo Área de descarga Documentación Soporte Preguntas frecuentes

 

Libros

Programa "BIBLIO" (v8.24)

Programa para a xestión de bibliotecas en centros educativos

En Galego

Software gratuito

(versións Windows e Linux)

En Español

               

 

¿Que é BIBLIO?

Desde decembro de 1996, e para os centros educativos que desexaban informatizar a súa biblioteca, ponse á disposición de todos un programa de xestión de bibliotecas (ó que denominamos "BIBLIO") e que pode baixarse de internet de xeito totalmente gratuito.

BIBLIO é unha aplicación destinada á xestión e administración de bibliotecas de centros educativos: Consultas bibliográficas, altas de libros, xestión de préstamos, listados, etc

 

BIBLIO é unha aplicación gratuita

A versión Freeware de BIBLIO é gratuita, sen limitacións e completamente funcional. A versión gratuita de BIBLIO está pensada para ser utilizada en centros e/ou institucións educativas.

A versión comercial de BIBLIO (a que necesita nº de rexistro) está pensada para ser utilizada en entidades privadas e comerciais.

  • A diferencia fundamental entre estas 2 versións de BIBLIO é que, na versión comercial aparece o nome da persoa ou entidade que rexistrou a aplicación mentres que na versión gratuita aparece un texto que di: "versión sen rexistrar".
  • No caso de centros ou intitucións educativas pódese utilizar a versión gratuita sen ningún tipo de limitación  nas posibilidades do programa. É recomentable sen embargo visitar a páxina web de BIBLIO e baixar, cando sexa preciso, e de forma totalmente gratuita, o arquivo coa última versión ou actualización de BIBLIO.

 

Características de BIBLIO

  • É totalmente GRATUITO.
  • Esixencias de equipamento: Windows-95 ou superior
  • Está dispoñible en Galego, Español e Inglés.
  • É rápido, robusto e fiable.
  • Ten máis de 10 anos de desenvolvemento.
  • Funciona en Rede Local e permite baixar a Base de Datos da biblioteca a través de internet para realizar consultas
  • Permite facer copias de seguridade en: diskettes, disco duro, dispositivos USB e incluso nun servidor web.
  • NON é preciso solicitalo, ni encher ningún formulario. Descárgase, instálase e disfrútase.
  • Conta cunha Base de Datos de Aprendizaxe con máis de 5.000 rexistros para poder facer prácticas.
  • BIBLIO está en constante desenvolvemento e calquera suxerencia ou proposta será ben recibida e estudiada.

 

Onde podo atopar BIBLIO

 

 


[ En Galego ] En Español ]

E-MailJosé A. Graña