MADRIGAL A CIBDA DE SANTIAGO

MADRIGAL A CIBDA DE SANTIAGO

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

Federico García Lorca



   Seis poemas gallegos (1932-1934)    
English translation link

Incluido en Obras II. Poesía 2. Federico García Lorca. Edición de Miguel García-Posada. Biblioteca Literaria. Akal ediciones.


Casadellibro.com

amazon.com