|
| |||
|
No ano 2002 o Movemento polos Dereitos Civís nasceu có obxectivo de facer frente á perda de dereitos e liberdades que cada vez máis acusadamente sofremos os cidadáns e cidadás de Galiza. Este obxectivo xorde tras as folgas xerais do 2001 e 2002 e despois das mobilizacións en contra da LOU; momentos na historia recente de Galiza que amosaron dunha forma especial a perda de dereitos e liberdades que sofremos; momentos nos que poidemos ver televisado como membros das Forzas e Corpos do Estado cargaban brutalmente contra cidadáns que exercían dereitos legalmente recoñecidos mentres o goberno -os nosos representantes políticos- mentían publicamente negando as cargas e converténdoas en "desprazamentos da masa manifestante".
Numerosos son os temas que analisamos, desde a falla de información e a impunidade na catástrofe do Prestige, as cámaras de videovixiancia de Compostela, até as sentenzas ditadas en Galiza cando hai conflitos sociais (os tres sindicalistas de Lugo, os veciños do Eixo, unha persoa de Nunca Máis Lugo, integrantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, etc), así como recollermos todas aquelas actuacións que vimos realizando no ámbito dos dereitos civis. Este informe pretende ser unha ferramenta de concienciación da sociedade galega respecto da necesidade de defender os nosos dereitos. Ademais dun altofalante das nosas propostas para que sexan coñecidas en todo o territorio galego, e máis alá, para continuar a sumar máis persoas ao noso proxecto. Para a elaboración do mencionado informe contamos coa colaboración de:
Pódeste facer cun exemplar do informe 2004 polo prezo de 6 € ou convertíndote en membro protector/a do MpDC (cunha cota anual de 35 € que ademáis da dereito ao agasallo dunha camiseta e unha chapa do MpDC), o cal sería tamén para nós un elemento máis de apoio, respaldo e axuda. Para isto, podes facer un ingreso no número de conta de Caixanova: 2080/0540/44/0040000724, facendo constar nome e apelidos, ou pedir que cho enviemos contra reembolso. Do mesmo xeito, necesitaríamos ter un enderezo de contacto para poderche enviar o informe, e continuar a transmitirche as iniciativas que o MpDC leve adiante. Podénolo enviar neste formulario. Agardamos poder contar coa túa solidariedade e apoio. Recibide un saúdo,
Xosé Renato Nunes da Silva Coordenador do MpDC.
| |||
|
|
Gracias
polo teu apoio e non deixes de visitar a páxina do .
Asina:
Rúa Miguel Ferro Caaveiro,
10-2º
| ||