CANDAMIL
*San Migueliño das uvas maduras, moito me tardas e pouco me duras*
Datos
Concello: Xermade
Parroquia: Candamil (San Miguel)
Superficie: 8,17 Km²
Latitude: 43º21'
Lonxitude: 7º46'
Altura Media: 468
Latitud en grados decimais: 43.35
Longitud en grados decimais: -7.767
Coordenada X UTM Huso 30: 113646
Coordenada Y UTM Huso 30: 4810815.1
Huso UTM: 29
Cuadrícula UTM: NJ90
Código Ine: 27021
Folla del MTN 1:50000 : 23
Barrios: Campo, O - Carballás, Os - Casadedra, A - Casanova, A - Currás, Os - Feal, O - Fraguela, A - Lodeiro, O - Pedregosas, As - Pedreira, A - Pena, A - Picoucelo, O Serra - Silveiravella, A Vilacide
Lugares: Albariza; A Moa; Muiño das Penas; A Fonte; Fonte Ruño; Morea da Cobra; Río Trimaz e Regos Fontiña, da Ribeira e Curaceiro.
Historia
A localidade foi habitada na prehistoria por ligures e oestrymnios (nosos antergos precelticos).
Tamen elexiron a nosa terra os celtas, nos seculos VI e V antes de Cristo.
Os celtas (do grego keltoi=montañés) eran pobos de carácter hospitalario, guerreiro e inquedo.
Os celtas superiores os indixenas perfeccionaron a agricultura e gandería, e introduciron as artes de fiar e tecer e a mineraloxía (uso do ferro e outros metáis). Os grupos xentilicios celtas deron nome a parroquia; o sufixo -mil significaba pros celtas río polo cal Candamil significa xunto do río.
Existiu algún que outro castro na localidade como o de Vilacide dunhas 50 áreas no que se supón que traballaban a cerámica.
Ocio
Abundan os cruceiros, gardas da tradición popular.
O conxunto de medorras de Vilacide supón que a época prehistórica foi moi rica.
O río Trimaz forma fermosos vales na parroquia; espazos apropiados pa rutas de sendeirismo e pra pesca xa que abondan troitas e barbos; e montes onde podes observar penas e rochas milenarias xurdindo da terra.
Arquitectura Relixiosa
Igrexa Parroquial.
Reconstruída recentemente. Ten o retablo maior neoclásico, con esculturas de San Miguel (titular), San Antón de Papua e Santa Baia (s. XIX) e San Xoán Evangelista (s. XVIII). Os retablos barrocos dereito e esquerdo teñen columnas salomónicas, este último con esculturas da Dolorosa, Santa Lucía e Ecce Homo (s. XVIII). Cruz parroquial de prata con releve da Concepción (s. XVII).
Capela da Pena.
Construcción de finais do s. XIX. Ten planta rectangular e está cuberta de madeira con dúas vertentes; os muros son de pedra e o tellado de lousa. O retablo é neoclásico de finais do s. XIX con esculturas de Santa Filomena (titular), San Sebastián e Nosa Señora (repintados no s. XIX).
Cruceiros.
Hai cruceiros en As Pedregosas, O Picoucelo, Adro, A Pena e outros particulares.
Festa patronal
San Miguel, día 29 de setembro. Faiselle unha festa a finais de setembro, alo polo día 29 ou 30.
Empresas
Casa Rural
A Pena de Candamil A Pena s/n Teléfono/Fax 982177686
Gasolinera
Autoservicio Candamil. S.A. Os Curras s/n Teléfono 982501125
Alimentación
A. Pita Fernández Os Curras s/n Teléfono 982501064
Frutas Lalo Pedregosas s/n Teléfono 629859028
Obras
Excavaciones T. Pena Pedregosas s/n Teléfono 654165195
Restaurante
Restaurante Candamil Os Curras s/n Teléfono 982501006