Castellano

   

  Ramón Martínez

ex-locutor deportivo de pista / presentador           EstadisticasFree counter and web stats

FIRMAR MI LIBRO DE VISITAS                                                      

                                      Oscar Pereiro, dirigiéndose a la comunidad escolar del CEIP " José Fernández López en 2005, antes de ganar el TOUR. Oscar Pereiro, despues de ser proclamado vencedor del TOUR, en un entrevista realizada por alumnos del mismo centro escolar en 2008.        

                    ¡conéctate a http://www.ramonmartinez.es/Radio_Residencial.htm

Ir a Primera página

 

 

 

 

 

Ir a versión en CastellanoCastellano                

 Comezo 

Comecei con un  micrófono  cando tiña doce ou trece anos da man do meu pai coñecido como “MARTILAGO”, facendo propagandas desde un veículo con altavoces. 

Por aquelas datas, o mas importante que facía era anunciar e animar as carreiras ciclistas que se organizaban na bisbarra do VALE DA LOURIÑA, na provincia de PONTEVEDRA (ESPAÑA) e que foron antesala do coñecido club ciclista SPOL de PORRIÑO, viveiro de grandes courredores que participaron vários anos nos campeonatos do mundo de ciclocros, na Volta a España e en moitísimas das mas importantes probas do calendário mundial de ciclismo e que tantos dias de glória deron ao desporte do pobo de PORRIÑO.  Deste espectacular e esforzado desporte, falaremos nun apartado especial. 

Tamén fixen  anuncios dos filmes mais importantes que se proxectaban nas tres salas de cine do pobo,  bailes, poxas en festas, apresentación de artistas convidados, asi como as cíclicas e necesárias campañas de vacinazón contra as enfermidades que afectaban aos nenos na súa mais tenra infancia.  A pesar do meu profundo timidez (ainda hoxe o son moito), fun-me abrindo camiño nese mundo da comunicación por meio de megafonía e era tal a miña popularidade, que sempre tiña que estar disposto  cando habia actos nos que necesitasen un locutor-apresentador, mesmo para facer propaganda dos distintos candidatos a “Procurador en Cortes” como asi se chamaban aqueles que optaban a representar-nos en Madrid espécialmente polo “Tercio Familiar”. desas “campañas”.  Da que gardo mellor lembro foi  de DON ARTURO ESTÉVEZ, na  que estiven todo o día colado ao micrófono e onde recebin unhas atenzóns esquisitas por parte do persoal que traballaba na sua campaña.

¡Creo que fun a primeira persoa en poñe-la miña voz para facer propaganda de tres candidatos, cuios postulados eran totalmente distintos e dirixidos aos votantes da mesma circunscripción e que optaban os mesmos cárregos políticos!

    Detalles da Casa do Concello Persoalizando líñas microfónicas   

“Previamente ao comezo dun festival ou acto importante, e necesario persoalizar as líneas microfónicas e manter conversa cos técnicos de son,  co fin de busca-lo “sincronismo” tan importante para que eles mailo presentador,  adquiran a recíproca confianza que culmine  nun magnífico traballo.”

  

Ir a SAUDO

Ir os meus correios

Ir a O_Ciclismo