ÓS POLÍTICOS

Cada día máis despreocupados e indiferentes

A estes políticos de cortello que nos gobernan hoxe en día, eu meteriaos nas "cortes" co "marelo" do meu abó,  e non lles chegaría con "estoque y muleta" para saír ben parados.

Refírome a éstes que fan oídos xordos os requerimentos do pobo, falemos da Barciela que nos queda a carón.

Refírome a éstes que descalifican os pais que protestan polas condicións da ensinanza pública, nas que teñen que estudar os seus fillos, falemos das  unitarias, o colexio público, os baixos da ESO  e, se non se resolve co tempo, o instituto.

Refírome a éstes que tratan as traballadoras sociais coma se foran chachas do século XIX.

Refírome a éstes que ven con receo e desconfianza, as asociacións plenamente democráticas nas que as asambleas de socios son totalmente soberanas, falemos das APAS.

Refírome a éstes que rexeitan as propostas da oposición, anque sexan constructivas e honestas, porque veñen dun inimigo político.

Refírome a éstes que teñen unha visión tan pequena  da democracia que só se arriman a ún cada catro anos para pedir o voto, e  logo si te vin non me lembro, sen lembrarse  de que tanto os que lle votan coma os que non, son igual de cidadans que requiren  dunha boa administración.

Podería seguer cun "cúmulo de despropósitos", pero para mostra un botón.

¡OLLO, QUE ÓS SEÑORES DA OPOSICIÓN, TAMÉN LLES PODO DAR CO TACÓN!.

É MOI DOADO APOLTRONARSE NO SILLÓN E IR DE PROTESTÓN.

A TODOS VOS LEMBRO, QUE OS POLÍTICOS SODES DE "QUITA E PON",  E O POBO NON.

Actualizado 20-01-2002


Envía correo
Vacínate contra a rabia
Libro de Visitas