Untitled Document

300 DÍAS DE MAM@CIÓN

Velaí os tedes, todos rufos, cheos coma pavos, a estes do PePeSOE. Que non son socialistas, nin obreros, por non ser non son nin galegos, nin españois, creo que son aljo europeos por aquelo do euro.

Velaí os tedes, os desertores da plataforma dándolle a mesma solución ós problemas de ensino que lle daría peso douro (Duro): tomáde baixos.

Velaí os tedes propajandeándose de transparencia pero votan en contra da auditoría que mociona o BENEJÁ. Sr. Mirás e camarilla auditoría ijual a transparencia. É pena porque caían todos coma pejos rabilongos.

Velaí os tedes, hai que ver como solucionan os problemas de urbanismo.

Velaí os tedes, os cultos de la izquierda, que cerran a única biblioteca pública do concello. "Oroso coa cultura" ijual ca Sir Thomas.

Velaí os tedes como caciquean. Metendo as sobriñas nos carjos de cú quente, peto cheo.

Velaí que limpiño teñen Sijueiro, pero hai que ver cómo teñen as pistas aljúns cidadáns de primera que viven nas aldeas.

Velaí os tedes, cómo nos jobernan mellor cos outros, porque peor non se pode.

Síjovos recordando que tanto monta, monta tanto o PePeSOE coma o PaPando