CANTO A CAUREL

 

 

0s nosos montes e ríos

son enxebre natureza,

confortan o noso espritu,

salvándonos da doeza.

 

Recorrendo  O Caurel,

bañandoo con doce amor,

formando fondo cerrizo,

discurre o río Lor.

 

As ladeiras das montañas

escriben uve: Vitoria;

¡Qué bonita e a nosa terra!

¡Qué grande e rica, a sua estoria!

 

Houbo pobos primitivos,

moitos celtas e romans,

os mouros  e santiaguistas…

¡Hoxe somos caurelans!

 

Todo e sano nesta terra,

todo e bon neste Caurel:

a paisaxe,  as nosas xentes,

a castaña,  a carne  e  o  mel.

 

Desde sempre se cazaron

os coellos e perdices;

¡Truitiñas do Lor fixeron

os estómagos felices!

 

Carne muy tierna comemos

de becerra natural;

un estupendo xamón

curado en medio de sal.

 

¡Quén tivera moito tempo

para andar polos sendeiros:

marchar pola Ferrería

a Rogueira e Formigueiros!.

 

Ollando árbores e frores:

os teixos e carnabudos,

os soutos cheos de misterio

con castiñeiros con nudos.

 

Prados con moita herba verde,

onde foza o xabarín,

onde pacen rubias vacas

e lava o porco o fucín.

 

Temos as nosas montañas

cubertas de vexetación,

os vales cheos de vida

i as augas ca sua canción !.

 

Eiquí vive a xente en paz,

disfrutando da soidade,

desde o bico dunha pena,

o lobo na escuridade.

 

Para coñecer Caurel

sólo tés unha maneira:

inmersionarse na terra

e leer a Novoneira.

 

¡Cómo goza a miña alma,

o Caurel é terra de ouro,

pro nativo é pro turista

é un verdadeiro tesouro!

 

                                         

 Ricardo Locay Aira.