Goma 2



GOMA 2


Este é un dos primeiros grupos que sacou un disco de rock en galego (o primeiro foi N.H.U.). Formado en Portonovo por Chi, Carra, Xerardo, Moncho e Samu. En 1979 foi cando levarón a cabo o proxecto discográfico que contiña as cancións “Sombra na noite”, “Xente”, “¡Basta xa!”, “A illa”, “O trasno”, “O galiñeiro”, ”Alcontro coa realidade”, ”Fusión”, “Tempo”.

Algunhas das cancións conteñen fragmentos que poderiamos incluir no rock progresivo (Fusión, Alcontro coa realidade, ¡Basta xa!) pero sen chegar a calidade de grupos españois do estilo nese momento como Bloque ou os algo máis jazzrockeros Iceberg. Así e todo as composicións polo xeral acheganse máis a un rock sesentero co aliciente dunha gaita que caracteriza o seu estilo. As súas cancións en xeral teñen letras despreocupadas (o trasno, o galiñeiro) pero tamen conteplan probemas do seu tempo como en “¡Basta xa!” onde fan unha crítica á contaminación do mar.

Ainda que o disco que fixerón é do ano 1979 tanto o son como as composición semellan anteriores debido a lentitude coa que as novas ideas entraban no país.

 

 

_ 

 


DISCOGRAFÍA:

 

O galiñeiro   -   Movieplay (1979)