O Caimán do Río Tea



O CAIMÁN DO RÍO TEA

O Caimán do Río Tea nace en Ponteareas no ano 1991 cando catro amigos se xuntan e deciden montar un grupo de rock sen contar con instrumentos nin coñecementos musicais. O final a formación queda así: Miki Flojeras (guitarra),  Xosé Cambra (batería), Ramón Fernández (baixo) e Rafa Leiras á voz.

Participaron no disco colectivo Unión Bravú, ademáis dfe gravar para o Xabarín Club estou na lavadora (volume I) e posteriormente ven a bailar (volume IV) cos seus respectivos videoclips; o video de estou na lavadora acadou un éxito notable no país.

Editaron con Sons Galiza, de Lugo, Feito na casa, producido por Miguel Costas (Siniestro Total, los Feliz). Tras gañar o certame galego da canción, en xullo do 1995, como premio editan ó ano seguinte un mini-CD con cinco cancións, do que se publican 500 copias promocionais. Tempo despois no ano 1998 editaron un mini cd autoeditado con duas cancións: Vota e Maryfe.

 

_ 

 


DISCOGRAFÍA:

 

O caimán do río TeaFeito na casa  -  Sons Galiza (1995).
Mini-CD, (1996). Editado pola Xunta de Galicia, como premio do Concurso Rock do ano 1995.
Mini-CD, (1998). Distribuído á prensa e seguidores.