OS RESENTIDOS
Para ter unha idea do que significaron Os Resentidos no panorama do pop
e do rock galego hai que poñerse en antecedentes. Antón
Reixa era poeta e profesor de Instituto antes de encabezar este grupo de
Vigo e, despois, tamén publicaría libros, realizaría vídeos, sería guionista e
presentador televisivo, realizaría programas radiofónicos, colaboraría na
prensa escrita...
Polo tanto, o seu discurso, revestido de surrealismo, deulle un certo
aire de intelectualidade do que carecía o rock feito en Galicia. Do
experimentalismo do seu primeiro disco, os seus músicos -Alberto
Torrado, Javier Soto e Xabier Debesa- foron avanzando cara a sons
máis bailables, que tanto tocaban a cumbia como a pandeirada galega.
Tamén foron congruentes no emprego do galego como lingua exclusiva para
toda a súa producción, influíndo así nunha xeración que entendérono como
posible e normal. Despois da súa disolución, Antón
Reixa formaría Nación Reixa co productor do
último disco de Os Resentidos, Kaki Arkarazo de Negu Gorriak, antes de editar
un disco en solitario.
http://www.contrasurco.com/9resentidos.php
![]()
DISCOGRAFÍA:

Surfin´ CCCP (a medias con Siniestro
Total) (Grabaciones Accidentales, 1984)
Vigo capital Lisboa (Grabaciones Accidentales, 85)
Fai un sol de carallo (Grabaciones Accidentales, 1986)
Música doméstica (Grabaciones Accidentales, 1987)
Fracaso tropical (Grabaciones Accidentales, 1988)
Jei (Grabaciones Accidentales, 1990)
Delikatessen (GASA, 1991)
Están aquí (GASA, 1993)
Made In Galicia 1982-1994 (recopilatorio) (GASA, 1994)