Skornabois



SKORNABOIS

A finais dos 80, nos ratos libres que lles deixa o Instituto, un grupo de rapaces acompañábase de latas de conserva, bidóns de pintura e caldeiros de cinc nunha aldea achegada a Vilanova de Lourenzá, Lugo. A súa historia pasa por unha transformación que os leva en pouco menos dunha década daqueles inocentes xogos infantís á concienciación política sen maiores sobresaltos.
Negu Gorriak e Os Resentidos son as súas referencias básicas e Os Diplomáticos de Monte-Alto o grupo que lles fixo ver que podían ser unha formación de rock combatinte nunha terra con nulos antecedentes.

Participaron na gravación do disco Unión bravú co tema A nova fifí.

Emilio López -Cele- á voz, Xermán Viluba -Torzón- na guitarra, Iván Laxe no baixo e programacións e Xoán Villamel -Villano- na batería teñen máis dunha aventura paralela e xogan a adaptarse ás novas tendencias. Eles forman Skornabois, militantes da ilusión por natureza.

XAVIER VALIÑO

 

_ 

 


DISCOGRAFÍA:

 

O verme homicida  -  Chorima (1996)
Skornabois  -  Chorima (1998)