Yellow Pixoliñas



YELLOW PIXOLIÑAS


Formáronse a finais da década dos oitenta, 1987, en Monforte de Lemos e deronse a coñecer polas súas colaboracións no Xabarín Club da TVG. O primeiro disco que gravaron titulárono “Galician people speak galego” e foi editado en 1992, posteriormente editaron no ano 1994 un traballo titulado “Lacon Lover” e en 1996 sacaron o seu último disco ó que chamaron “¡¡Non pises a herba!!” que incluia temas como Addy Stripped (onde o ingles se mestura co galego) Na Bodega, Plantemos herba, Dalle co sacho e así ata completar as catorce cancións deste traballo onde o rock predomina pero non falta blues e a carallada. Nesta última gravación o grupo constaba de 7 membros:

Franki (guitarra), Thierry (teclados), Tico (voz), Tito (baixo), Ton (guitarra), Xabier (batería), Xose Triquilas (Carallo para broma, la manguera, ¿dónde está?. Chotilla. Faneca. Pensión da Malpica. Festas da auga, da nata, da Colonia...,Nublado en Poñente. Colle os bois e vente. Síndrome Piérrez, 8 billetes (por cagar) “segundo a definición dos Yellow”)

 

 

 

 

 

 

 

 

_ 

 


DISCOGRAFÍA:

 

Galician people speak galego   -   Sons Galiza (1992)

Lacon Lover   -   Sons Galiza (1994)

Lacon LoverGalician People Speak Galego¡¡Non pises a herba!!   -   Sons Galiza (1996)