
Neste mes de novembro de 2004 comenzará a realizarse no Concello de Xermade a recollida de plásticos agrícolas promovida pola Consellería de Medio Ambiente.
Inicialmente acondicionaranse dous puntos vallados no Concello para que os interesados depositen os plásticos.
.- Candamil: Monte dos Patelos.
.- Momán : Carballeira ( detrás do Campo de fútbol).
Os plásticos deben ir limpos, ben envoltos e atados para que ocupen o menos posible e evitar que o aire os arrastre.
INTERNET RURAL
o Concello de Xermade habilitou un local no Centro Sociocultural (antiga casa do médico), para a creación dun punto de acceso público a Internet en zonas rurais coñecido como programa "INTERNET RURAL", que ten por obxectivo levar a banda ancha e o uso de navas tecnoloxías a, zonas rurais. Será de acceso gratuito e público e para o caso de moita demanda estableceranse turnos de acceso. Contará con catro ordenadores, impresora, webcam e escáner.
Os horarios de apertura serán:
De luns a venres de 5 a 8 da tarde.
Sábados de 11 a 1 e de 5 a 8 da tarde.
Para horarios de mañá pedir cita no Concello
Praza do Concello, s/n. - 27833 XERMADE (lugo) Teléfonos 982 50 10 01 - 982 50 10 02 - Fax 982 50 1027
Nos últimos tempos no Concello de Xermade vense experimentando un cambio nos usos do solo, cun proceso de abandono dos usos tradicionales baseado na gandeiría e cultivos agrícolas e a súa sustitución por plantacions forestais. Este proceso xenera numerosos problemas nos eidos social e medioambiental, e co fin de salvagardar os intereses patrimoniales,ecolóxicos e culturais no municipio e en consonancia coas regulacións feitas por todolos concellos da comarca, o pleno do Concello de Xermade do Setembro de 2004 fixo aprobación inicial da ordenanza reguladora entre plantacions forestais.
DISTANCIAS MINIMAS QUE SE REGULAN.
.- A vivendas: Eucaliptos 100 metros; pinos 75 metros; frondosa 50 metros e_ frutais 10 metros.
.- A outras edificacións: Eucaliptos e pinos 50 metros; frondosas 25metros e frutais 5 metros.
.- A zonas adicadas tradicionalmente a prados, labradío: Eucaliptos 20 metros; pinos 15 metros, frondosas 6 metros; frutais 3 metros:
.- A traidas de auga ; 2 metros.
.- A caminos, desde o borde exterior da cuneta; 3 metros.
De peches de setos ou estacas de madeira a caminos; 4 metros desde eixo.
.- En solo urbano ou núcleo rural e ata 50 metros do límite quedan prohibidas as plantacións, agás ornamentais.
.- En solo rústico de protección forestal ou con plantacións preexistentes
.- Distancias a colindantes; 3 metros.
. - Plantacións de eucaliptos a outro cultivo ou plantación; 6 metros
.- Cando se invadan cultivos, prados, edificacións e caminos,o propietario deberá evitar esa ocupación.
.- Será necesaria autorización para o transporte de madeira nos camiños e pistas municipais. Esta será gratuita.
.- A infracción das distancias sancionarase con 100 euros e 2 euros por cada árbore.