Fai unhas semanas escribín sobre o libro The Curious Incident of the Dog in the Night-Time. Iste libro trata de maneira central o tema da xente que ten Sindrome de Asperger. Despois de ler o libro din en pensar se habería moita xente con esta enfermedade, e que sería de eles.
Mira ti por onde, coñezo a unha persona que ten esta enfermedade. En realidade non a tratei nunca, nen sei demasiado de ela, pero si teño idea do que fai: Bram Cohen. ¿Que non sabedes quen é? ¿Ouvichedes falar de Bittorrent?. Pois Bram, foin quen o programou. Agora caedes... ¿non sí?
Pois resulta que Bram Cohen, aparte de creador de BitTorrent, resulta que é tamén un enfermo de Asperger: «(Cohen in fact has Asperger's syndrome, a condition on the mild end of the autism spectrum that gives him almost superhuman powers of concentration but can make it difficult for him to relate to other people.)». Lendo na entrevista, aledome de ver que contrariamente ó que parece entenderse na novela, un enfermo de este tipo pode chegar a valerse por si, e ser capaz de establecer a súa propia familia. Eu fixerame á idea de que a enfermedade e as dificultades de relación cas personas eran maiores. (Ainda que se cadra hai diferentes grados neste síndrome, e Bram é dos leves).
Pero é obvio que Bram ten claros síntomas da enfermedade. Na introducción da entrevista topamos a Bram obsesivamente xogando a un xogo de mesa. Por outro lado, a egolatría de Bram, tamén coido que existe en Christopher (o persoaxe da novela) (da mesma maneira que un está completamente seguro de sacar as mellores notas en matemáticas, o outro está convencido que o BitTorrent será un éxito, e a elo se dedican obsesivamente).