Dashboard ou Konfabulator : xmanoel@

Dashboard ou Konfabulator

06-10-2005 mirror: Dashboard ou Konfabulator

Unha das cousas que máis destacan os de Apple sobre o MacOS X é o Dashboard. O tal dito é un programa que cando o activas (dandolle ó icono, cunha tecla ou cunha sinal do rato), pois aparecenche na pantaia de repente mostrandote unhas cantas aplicacionciñas gráficas:

Unha animación moi chula que amosa coma funciona   o Dashboard
Unha animación moi chula que amosa coma funciona o Dashboard

O certo é que impresiona. Cando llo ensinas a primeira vez a alguén, sempre lle parece bastante chulo. E chulo é. Pero tampouco é para tanto. Quero dicir que un podería vivir sen el, e que o que ofrece podese obter de outras maneiras, pero un se afai rápido ó inventiño e xa non sei se sería quen de andar sen el...

Eu so coñecera o Dashboard despois de ter o iBook, pero non hai que cambiar de ordenador para poder usar algo parecido. Por exemplo existe o Konfabulator (a quen os de Apple roubaron a idea). E podedes instalalo en Windows. (Eu xa o probei no ordenador do traballo). Un dos meus favoritos (aparte, por suposto do do tempo) é o KonStat. Ademáis tamén me gustan moito os que permiten seguir a programación de radios web: Soma.Fm e Paradise Radio,

E non só en Windows. Para os usuarios de Linux teñen tamén varios programas que fan cousas parecidas: Super Karamba para o KDE, e gDesklets para o GNOME. (Ista é unha das cousas que fai tan interesante o Linux: cando falta algo sempre hai uns cantos dispostos a programar unha versión de eso).

[Comentarios desactivados ad aeternum] - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0