GMail ¿O bluff do 2005? : xmanoel@

GMail ¿O bluff do 2005?

02-01-2006 mirror: GMail ¿O bluff do 2005?

GMail foi unha das ideas fallidas do ano 2005. ¿As razóns? Pois segundo o autor de tal comentario: logo de 12 meses, GMail segue a ser beta, ademáis de que só se pode acceder a el a traverso de invitación, a xente non usa GMail coma correo principal, e agora todos os demáis servidores de correo ofrecen unha chea de espacio. Ademáis ten 2 defectos insalvables: que é complicado ver o correo organizado por conversas, e que non se poden enviar executables porque o sistema non deixa.

Respeto a opinión de calqueira, pero unha cousa é dar unha opinión persoal, e outra e demostrar feitos. Porque a min me parecen as cousas ben diferentes.

¿GMail é ainda beta?: ¿funciona ben? A min non me deu nengún problema serio. Non me importaría que seguira sendo tan 'beta' coma agora. Por outro lado... Flickr tamén leva esta etiqueta... e para min é o mellor servicio de fotos que hai na actualidade. ¿Que de momento só se obteñen contas con invitación?. ¿Alguén ten tido algún problema para conseguir a súa conta? Eu ainda teño 100 invitacións e coido que nunca acabarei con elas. De feito, pode que o de que funcione por invitación sexa interesante para o servicio en sí: en vez te der centos de personas que non se coñecen cando se dan de alta no correo, GMail funciona relacionando xente dende o principio. ¿Non é unha bóa nova idea?

A verdade teño un número importante de amigos que xa se pasaron ó GMail... e a maior parte de eles xa o usan coma servicio principal. E os que non o usan, é que non o teñen. Ou polo menos esta é a miña experiencia. Algún se quedará en Yahoo e Hotmail gracias á xenerosa nova capacidade do sistema... Que non veñan con bromas: ambolosdous dan os megas con retraso, con apenas ganas... Os usuarios de Hotmail están mellor que fai 2 anos, pero tristemente seguen a ter o buzón máis pequeno do mercado. Toda a xenerosidade queda para os que pagan. En Google de momento non paga ninguén.

A min personalmente me encanta a organización das mensaxes por conversa. Nos meus programas de correo adoitaba a organizar as mensaxes así. ¿É realmente tan malo? ¿Tan insufrible? Insufrible debe de ser non poder mandar .exe ós amigos. É algo que a xente fai todos os días. Eu penso que se ben é un problema e un fallo, non é tan importante nen é unha funcionalidade tan imprescindible. Ademáis que nestes casos é de agradecer que alguén antepoña á seguridade a outras merdas.

O home topou defectos bastante discutibles, pero foi listo en non mencionar as avantaxes indiscutibles: nengún outro servicio ofrece a metade de seguridade ca GMail (SSL para meter a clave e incluso para ler o correo encriptado). E SSL para conectar POP3. Porque sí, ¿quen ofrece de gratis POP3? E moito menos con encriptación. ¿O filtro de basura de GMail é malo? Se o de Yahoo e Hotmail é igual de bó... ¿porque anuncian mellor protección nas versións de pago? ¿Non será que nos están deixando cun filtro malo para nos fastidiar?

Ogallá GMail sega a estar coma está nos seus éxitos e non se converta nun servicio incómodo coma os dous da competencia. O dano verdadeiro de GMail é que ofrece gratuitamente o que os outros dous malamente dan de pago. Cada usuario que se pasa a él son cartos que non se lles pagará á competencia. En iso estamos de acordo eu máis o autor do artigo: GMail cambio o correo web: obligou a espabilarse ós outros. E eu engado: e para moitos cambiounos a vida e fíxonos máis felices.

xmanoel, é un usuario calqueira de Internet, probablemente tan indocumentado coma o autor do arigo citado. Ten 2 contas de correo en GMail que utiliza para estar en contacto cos seus amigos. Mantén tamén unha conta en Yahoo e Hotmail, e se non usa apenas... por algo haberá de ser.

[Comentarios desactivados ad aeternum] - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0