Tipografía Regional : xmanoel@

Tipografía Regional

11-01-2009 mirror: Tipografía Regional

Bar París - Pontevedra
Bar París - Pontevedra

Fantástico o descubrimento de Tipografía Regional, un conxunto de fotografías de rotulos comerciais e carteis varios na provincia de Pontevedra. Encantame por unha chea de cousas: son historia, son tipografía, e son parte da miña vida (dado que teño vivido casi toda a miña infancia dando voltas pola provincia de Pontevedra, case todos estes carteis os teño vistos algunha vez).

Iso sí, tardei tanto tempo en comentar o enlace que se me adiantaron os da Voz de Galicia: O rótulo antigo resistese a caer (Non sei se é moi acertado o título, porque se revisades a colección de fotos, gran parte dos comercios fotografiados estan xa pechados ou a punto de pechar. Non sei que 'resistencia' pensan que se esta a dar).

[Comentarios desactivados ad aeternum] - top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0RSS 1.0 Atom 1.0RSS 1.0