Tipografía Regional : xmanoel@

Tipografía Regional

Bar París - Pontevedra
Bar París - Pontevedra

Fantástico o descubrimento de Tipografía Regional, un conxunto de fotografías de rotulos comerciais e carteis varios na provincia de Pontevedra. Encantame por unha chea de cousas: son historia, son tipografía, e son parte da miña vida (dado que teño vivido casi toda a miña infancia dando voltas pola provincia de Pontevedra, case todos estes carteis os teño vistos algunha vez).

Iso sí, tardei tanto tempo en comentar o enlace que se me adiantaron os da Voz de Galicia: O rótulo antigo resistese a caer (Non sei se é moi acertado o título, porque se revisades a colección de fotos, gran parte dos comercios fotografiados estan xa pechados ou a punto de pechar. Non sei que 'resistencia' pensan que se esta a dar).

top

Pescantinas cazacas

Duas raparigas vendendo peixe nun mercado de Almaty
Duas raparigas vendendo peixe nun mercado de Almaty

Esta semana deuseme por mirar fotos de Almaty (a antiga capital de Casaquistán - iste é o nome en Galego se facemos caso á Wikipedia). Estiven mirando (coma é o meu hábito) no Flickr a ver se había fotos chulas do sitio, e din con esta foto de enriba que me gustou moito. (¡E non ha ser polas raparigas!).

Esta e máis fotos se poden ver na colección Kazakhstan. Sobre todo me encantan as fotos nas que coma en esta, a xente fai un posado con toda naturalidade. Sempre quixen ser quen de facer estas fotos, pero nen me atrevo a pedir que posen, nen teño moi claro se é elegante facer fotos á xente para logo amosar por ahí, nen consego que me fagan moito caso cando algunha vez me atrevo.

Máis curioso foi ver a cantidade de fotos de ovellas e cabuxas que hai. Nun momento din en pensar que hai que ser un pouco raro para sacar esas fotos nunha viaxe... Ata que me din conta que o fotógrafo é un especialista (na cría) de ovellas (unha especialista, para ser máis exactos).

top

Aloumiños das silverias e o arroutadas do Arnego

Panorama do Río Arnego preto de Alperiz
Panorama do Río Arnego preto de Alperiz

Esta fin de semana estiven pasando a Concepción en Alperiz. Os dous días anteriores foran de temporal e din por baixar a ver coma andaba o río Arnego (que ainda que a alguén lle parecese que este ano fora chuvioso, andaba seco un par de días antes).

O río (coma podedes ver nas fotos) xa recuperara un pouco do seu arroutado temperamento, pero ainda non era quen de botar fora (moita forza tería que levar porque nesta parte vai metido entre montes e penedos).

O meu medio estúpido paseo fixome sentir os 'aloumiños' das silveiras, que gostaban de crecer nas beiras do río (vese que non hai pescadores que se atrevan a visitar esta parte do río). Existe unha bastante extendida tendencia mitolóxica de falar das impenetrables toxeiras dos montes galegos. Bastantes valentes se louvan de ter saido victoriosos telas atravesado, e do ben fastidiosas que son.

Neste pequeno paseo polo río convivín con toxos e silveiras. E de ter que escoller algún elemento mitolóxico quedaría ca silveria. O toxo certo é que non quere moito da compañía, e que cho fai saber cando te achegas, pero pola súa maneira de ser ben deixa que pases unha vez que amosas insistencia. A silveira en cambio amarra en tí, par que non marches. E vas deixando pouco a pouco a túa roupa no camiño.

De feito, cando retornei do meu paseo, xa lucía uns fantasticos vaqueiros "á silveira" (rabuñado por todos lados). Uns vaqueiros que lucen moito máis cós habituais "á pedra".

Rio Arnego baixando con forza por riba dus penados
Rio Arnego baixando con forza por riba dus penados

top

Holgarama

Holgarama 7 by IShootHorizon

Un Holgarama é un panorama feito cunha Holga.

Holga 120 CFN

top

Un can que vive ben lonxe de min e do que apenas sei nada

Non lembro moi ben a razón de que, deuseme por repasar as fotografías que fixera na miña viaxe a Grecia fai uns anos. E alí topei entre moitas das fotos, unha foto que fixera a un can que estaba alí todo chulo enriba dun muro (O muro seica non parece gran cousa, pero do outro lado tiña unha bóa pendiente - era o lado da caldeira de Santorini). A verdade non son nada bó fotógrafo, pero a verdade é que a foto quedou algo chula (sobre todo cas cores do solpor no fondo).

E ó par de días quixen voltar a ver a foto e non sei porqué din en buscar "perro Oia" en Flickr e descubrín que ainda había unhas cantas fotografías de cans. Pero sobre todo descubrín que había outra foto do mesmo can blanco que eu sacara. E entón xa non puiden evitar buscar "dogs Oia". Había unha manchea de eles. E sí, buscando con coidado (o can branco non é precisamente o máis popular entre os fotografos), pero sí, ahí está en unhas cantas fotos.

Chamoume certamente a atención que poida ter fotos dun animal que apenas coñezo e que vive nun lugar lonxísimo da miña casa. Pero claro, dase a extraña coincidencia que lle encanta estar facendo o parvo no medio dun camiño nun dos lugares do mundo con máis turistas tirando fotos: Oia na illade Santorini. Curioso que repetitivos acabamos sendo os fotografos trapalleiros. Ah, pero eu encantadísimo. Agora co tempo sí que sento un certo cariño para aquel can, e me fai moita ilusión poder seguir vendo fotos súas.

4 momentos dun can branco que vive nas illas do Exeo

Enlaces das fotos do can que saen no mosaico: 1. Perro en Oia, 2. Perro sin vertigo en Oia, 3. Santorini Island, Greece - The Gaurd Dog of Oia Village, 4. out of the blue

top

Islandia - Iceland - Ísland

Non podía faltar unha pequena mención a Islandia pero non polo que todo o mundo esta falando estes días...

Islandia peluda
Islandia peluda

E o que teñen os publicistas: viaxe de traballo a Islandia, pásano pipa, e logo fan un video de vacacións de impresión (a viaxe e o video).

Islandia tropical
Islandia tropical

Se cadra son un friki de coidado, pero me parece ben xeitosa Eleanor Friedberger

top


·La Rabadilla· ·Laconada· ·iRamos· ·O Vello Corvo· ·Palabros·
counter [CSS 2 Valid!] [XHTML 1.0 Valid!] [Made with Ant] [Get Firefox] RSS 1.0 RSS 1.0 Atom 1.0 RSS 1.0